lunes. 07.10.2024
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O concello de Vilamartín quere recuperar a feira tradicional mensual que hai anos se celebraba no centro da vila cada 24 de mes. Nestes días está facendo un chamamento para que vendedores ambulantes da zona de produtos variados: horta, téxtil, calzado, etc se unan ás tradicionais pulpeiras que cada 24 se achegan á vila .

A este chamamento xa responderon algúns vendedores e vaise comezar a experiencia este domingo, 24 de xullo. Na Praza José Luis Núñez e centro da vila reuniranse ademais das pulpeiras á carón do Bar Santos, Marbella e Acuarela; outros postos dedicados a hortalizas, zapatería e roupa.

Calquera vendedor interesado na iniciativa pode poñerse en contacto co Concello para apuntarse.

O concello de Vilamartín de Valdeorras fai un chamamento a vendedores ambulantes para...