viernes. 11.07.2025

«No castelo de Valencia do Sil estase a xestar unha auténtica escola de arqueoloxía»

Sherezade Núñez, tenente alcalde do Concello de Vilamartín, fala da importancia que ten a visita de Sputnik Labrego
somoscomarca_240629_sherezadenuñez (8)

A Asociación Sputnik Labrego retomou este luns, 24 de xuño, a campaña de escavación no xacemento arqueolóxico de Valencia do Sil, en Vilamartín de Valdeorras. Sherezade Núñez, tenente alcalde do municipio, móstrase satisfeita coas actuacións que se están a levar a cabo na zona.

Os obxectivos deste ano están enfocados a terminar a escavación dalgunhas das estruturas xa coñecidas. Con todo, a parte substancial desta campaña está centrada en continuar coa consolidación das estruturas arqueolóxicas do sitio. 

«No castelo estase a xestar unha auténtica escola de arqueoloxía», asegura Núñez. Por esta razón, dende o Concello, sempre «recibimos cos brazos abertos» a todos os estudantes que veñen aquí a formarse nas actividades de campo que teñen que desenvolver para acadar experiencia. 

De feito, dende o equipo de goberno están «apostando» por este xacemento que di «moito da nosa identidade e forma parte do noso patrimonio», matiza Sherezade. 

Os membros de Sputnik Labrego estarán en Valencia do Sil durante tres semanas. «O máis interesante e que se pode visitar o xacemento», comenta a tenente alcalde. Poderase acudir en horario de mañá e estará aberto para todos os públicos. 

«No castelo de Valencia do Sil estase a xestar unha auténtica escola de arqueoloxía»