
Poder atraer turismo segue sendo unha das cuestións a tratar na zona de Valdeorras, neste caso, as covas de Vilamartín son as protagonistas. De feito, para intentar facelas máis atractivas, arranxouse a Rúa do Caño lugar onde se atopan un gran número de covas de que non son nin un 3 % de todas as que ten o municipio.
O núcleo de Vilamartín conta con arredor de «300 covas, pero se falamos de todo o municipio, pódese falar de unhas 700». É dicir, «entre 80 e 90 % das covas de Valdeorras están en Vilamartín». Estas son peculiares, xa que contan «con ese caño polo que se accede e que soe ter que deixar entre 20 e 30 peldaños para chegar o propio cubo. Cando xa se está nesta zona, vemos ese espectáculo que é a cheminea de respiro», explica o Enrique Álvarez, alcalde do concello.
O alcalde estaba acompañado por Eladio Santos, candidato polo PSOE, quen asegura querer implicarse neste proxecto de seguir potenciando as covas. Dende o partido «temos un plan que xa está en marcha. Estamos dentro de un plan de estilos de sustentabilidade turística que o Ministerio de Industria e Turismo convocou».
O candidato explica que este é «un lugar emblemático e ademais pioneiro no turismo de Valdeorras. Tanto a súa restauración para poñelas en valor como elemento etnográfico, característico e único de Valdeorras, como pola Ruta das Covas». Recordemos que esta celebración consigue atraer a unha gran multitude.
Esta zona foi restaurada «grazas as iniciativas turísticas do concello de Vilamartín, porque as políticas da Xunta respecto o turismo de cara a Valdeorras sempre foi de ignorar». Álvarez, explica que se leva invertido na Rúa do Caño «entre 110 e 120 mil euros. Pedimos axuda a Xunta, presentando ata 5 anos consecutivos a posibilidade de que nos axudaran neste tema».
Dende o Concello consideran que esta reforma non é só importante pola restauración, «senón que esta rúa estaba con fibrocemento, esa uralita pola que pasaba a auga de beber para todas esas persoas de Vilamartín». O non recibir resposta por parte da Xunta, «tivemos que recorrer ás arcas do Concello que, como se sabe, quedaron arruinadas. Unha vez que recuperamos as arcas comezamos a inverter en por en valor o turismo».