
Cada vez queda menos. O próximo 27 de outubro Vilamartín de Valdeorras acollerá a sétima edición da Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas. Esta iniciativa chegaba á comarca en 2018 grazas a Eva, Patricia e Belén. Una actividade que recadaba o ano pasado 20.000 euros.
Resaltar que este tipo de tumor é o único maligno cuxa mortalidade está aumentando nos últimos anos. Faino en ambos os sexos e segue sendo o noveno en incidencia e o terceiro caso de morte por cáncer en España.
«Para nós é todo un logro. Empezamos coa idea de conseguir 300 inscritos e superámolos», así recorda Eva Iglesias, organizadora do evento e membro de Acanpan e Acapaval.
Esta nova cita está programada para o próximo domingo na zona recreativa do Bañadoiro en Vilamartín. Estarán habilitadas tres saídas. Ás 10:00h darase inicio a carreira e a andaina larga, ambas as dúas de 13 km. Media hora despois será a quenda da andaina corta de 7,5 km.
Despois de un arduo traballo as inscricións xa están habilitadas para todas aquelas persoas que desexen participar e colaborar coa investigación do cáncer de páncreas. Todas as modalidades terán un custo de 12 euros para maiores de 16 anos. No caso de ser menor o prezo reducirase a metade, 6 euros.
Existen dúas maneiras de anotarse. Unha delas é online até o 22 de outubro ás 23:59. Ese mesmo día tamén se pechará a presencial nas seguintes tendas do Barco: A Tenda da Rita, Bicis Chapi, Deportes Trisport, Garoba, Pizpireta, Ton y Son. No caso de Rubiá será en Teresita e Trastos. En Vilamartín tamén será posible realizar a inscrición en Fimar Consultores.
No caso das persoas «despistadas» poderán anotarse o propio día da carreira dende as 8:30 até 30 minutos antes do comezo das respectivas probas.
Dende a organización «agradecemos» as inscricións anticipadas para así poder xestionar mellor o evento e «as necesidades de equipamento».
«Os recorridos están organizados por Parra», explica Eva. Nesta ocasión, avanza a organizadora, vaise «pasar ao outro lado do río». Iso si, non haberá demasiado desniveles para que así poda participar todo o mundo, «está suavizado».
«Estamos traballando a tope todos os días e ultimando temas de organización», ademais, esperan poder ofrecer unha experiencia «completa».
Si desexa escoitar a entrevista completa con Eva Iglesias pode facelo aquí: