
Florenciada tras Florenciada Arraianos amenizou a noite, do sábado 10 de xullo, en Córgomo. Cine, poesía, viño e música en directo nunha «noite meiga na Aira dos Bolos do Principio do Mundo de Florencio».
Máis de 60 persoas puideron desfrutar do espectáculo no que, unha vez máis «Nas noites de Florencio», o poeta corgomés estivo presente co seu espírito e ialma.

«Brindamos por Florencio Delgado, onte na inauguración da Feira do Viño de Valdeorras e o sábado as 23 h cun espectáculo ao aire libre na Aira dos Bolos de Córgomo», contaban nas súas redes sociais de Arraianos.

«Un pracer voltar a Valdeorras da man da D.O. Valdeorras para presentar o noso espectáculo multimedia arredor da vida e da obra de a Florencio Delgado a través do mundo do viño como primeira actividade da Feira do Viño de Valdeorras», sinalasn desde Arrianos.
Un vídeo do que aonteceu onte no espectáculo de Arraianos: