Arcos (Villamartín) celebrou a súa Festa Coveira con música e gastronomía
Arcos, no concello de Vilamartín, viviu unha das súas celebracións máis esperadas: a Festa Coveira. Este evento reuniu a máis de mil persoas nun entorno natural único, rodeado de covas onde os principais protagonistas son os “coveiros”. Durante os días previos a festa, estes veciños dedicáronse con paixón a preparar os pinchos e pratos que os asistentes desfrutaron durante a tarde e noite do sábado.
A partir das 20:00 horas, as 11 covas abertas ao público, comenzaron a recibir aos participantes na ruta. A festa estivo amenizada pola Charanga Mecánica e Os Parrandas, que puxeron ritmo e alegría, mentres que en outros puntos, era a música a través de grandes altavoces a que facía bailar a todos os presentes. A organización, a cargo da Asociación de Coveiros, esforzouse en que todo saíse perfecto, creando unha celebración que todos queren repetir o vindeiro ano.
Durante toda a ruta, os visitantes puideron gozar dunha gran variedade de pinchos, empanadas, tortillas, paella, panceta, doces, macedonia de froitas e, por suposto, bo viño, calimocho e refrescos. A entrada á ruta estaba presidida por “Don Godellín”, que coa súa tradicional procesión, foi pechando as covas unha por unha ata chegar á praza, onde a festa continuou con DJ Isra.
Sen dúbida, esta festa é unha celebración que promove e pon en valor o rico patrimonio etnográfico de séculos de historia. Antigamente, o que se gardaba nas covas era principalmente viño elaborado polos veciños, e hoxe en día, abrense ao público para que todos poidan desfrutalas e seguir mantendo vivas as "covas".