jueves. 28.03.2024
Reunión de Manuel Baltar cos alcaldes de Vilariño e Viana
A Deputación apoia declarar a Mascarada Ibérica coma Patrimonio Inmaterial da Humanidade

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial coa alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía e o alcalde de Viana de Bolo, Andrés Montesinos. Neste encontro de traballo avanzouse na candidatura conxunta para conseguir a declaración da Mascarada Ibérica coma Patrimonio Inmaterial da Humanidade. Manuel Baltar garantiu o apoio total da Deputación de Ourense a este proxecto.

O goberno provincial reforzou o apoio económico ao Festival Internacional Vibo Mask Ibérica. Nesta VII edición participarán preto de 40 entroidos de España, Portugal e Italia.

As actividades comezan cunha conferencia no IES Carlos Casares de Viana de Bolo, municipio que acollerá pola noite unha foliada. O fin de semana, as actividades repartiranse entre Viana e Vilariño de Conso, con concertos, teatro, exposicións, mercado de produtos locais e artesanía.

A Deputación apoia declarar a Mascarada Ibérica coma Patrimonio Inmaterial da Humanidade