
O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas dedicado nesta edición de 2022 ao autor valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán polo seu labor como poeta. Por iso, o Concello de Viana do Bolo organizou unha serie de actividades para a vecinanza.
«Queremos celebrar esta data tan importante para a nosa lingua e literatura organizando unha serie de actividades», explicaban desde o consistorio ao lembrar que haberá obradoiros, contacontos, manualidades e música, entre outros.
O 11 de maio levarase a cabo un contacontos ilustrado e musicalizado baixo o nome “ Florencio Delgado Gurriarán: de Valdeorras a México”. A actividade será ás 17:30 horas no Casa da Cultura do municipio.
Ademais, haberá un obradoiro de marcapáginas o 14 de maio ás 18:00 horas na Praza Maior, así como un de manualidades decorativas baixo o nome “ Pedra, tradición, a lingua non Pilón”. Xa o 17 de maio a partir das 12:00 horas levarase a cabo unha sesión musical e lectura da obra do poeta na praza do concello.