
O alcalde de Viana, Andrés Montesinos, vai propor para o pleno do próximo xoves 3 de febreiro unha suba de 3 € no prezo da entrada da festa da androlla. Esta suba pertence a un cambio na ordenanza.
Todavía non está claro que se vaia celebrar a Festa da Androlla, pero o alcalde do concello destacaba que «o que fixemos é regular o prezo que se viña cobrando mal. Queremos meter o cordeiro como se facía antes, de aí veñen eses tres euros a máis».
O BNG de Viana non está de acordo con esta subida porque considera que esta «ordenanza encarece dun xeito desproporcionado o prezo da entrada da nosa festa gastronómica por excelencia. Esta proposta supoño que será para o ano que ven. Tampouco coñecemos exactamente as intencións do concello de Viana para a festa da androlla 2022».
Ademáis, destacan que ca incorporación do cabrito, «parece que queren volver a restarlle o papel protagonista ao produto clave e que leva o nome da festa, a Androlla».
Dende o BNG piden que «se retire e se estableza un diálogo para que no ano 2023 a festa sexa un éxito, que pasemos a pandemia e podamos celebrala como se merece, e por suposto que sexa Festa da Androlla, que faga honra ao seu nome».