domingo. 29.06.2025

Viana celebra o Día das Letras Galegas cun extenso programa

Edificio Concello de Viana
Casa do Concello

Dende o consistorio explican que buscarán facer parte das actividades do programa no exterior cumprindo así aínda máis cas actividades Covid

O Concello de Viana do Bolo elaborou un programa de actividades ca fin de conmemorar o Día das Letras Galegas do 2021 que este ano está adicado a poeta e mestra de Sarria Xela Arias. Que ademáis é a 5ª muller en conseguir esta distinción por parte da Real Academia Galega.

A organización dos eventos foi levada a cabo pola Concellería de Cultura, a Concellería de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres (CIM). Tendo como obxectivos recoñecer e reivindicar o papel das escritoras e das mulleres anónimas a hora de conservar e divulgar a cultura e tradición galega. Tanto de forma escrita como oral.

Tódolos mércores realizaráse a través das redes sociais “Aprende coas mulleres galegas". Unha iniciativa en forma de material didáctico elaborado pola Secretaría Xeral de Igualdade que pretende dar a coñecer e afondar na vida de grandes mulleres galegas e, neste caso, de autoras galegas.

Tamén falaráse noutras actividades de lecturas recomendadas ou suxestións de libros a ler. Todo polas redes sociais.

O día 14 colocaráse un mural na Praza Maior contando de forma breve a historia das persoas homenaxeadas dende o 1963 cando se fixo o primeiro evento na honra de Rosalía de Castro.

Dous días despois representaráse “Feminísssimas”. tres son as protagonistas desta comedia na que o feminismo, a amizade e o humor forman un trío moi especial. Unha obra na que se poden aprender as formas de entender o feminismo de tres amigas que se volven atopar despois de anos sen verse. Un espazo para reflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía. A actividade está recomendada para maiores de 12 anos.

O propio 17 de maio faráse a representación de “As Lavandeiras”. Esta será unha actuación cantada e contada na que as protagonistas son as mulleres. Estas actividades teran lugar na Casa da Cultura, cumprindo cos protocolos e normas Covid. Dende o concello subliñan que a maioría de actividades que se poidan facer no exterior realizaránse fora do edificio.

Xa na penúltima semana do mes a afamada poeta Yolanda Castaño acudirá ata o IES Carlos Casares para realizar 2 obradoiros insipirados na vida e obra de Xela Arias. Un Contacontos ilustrado e musical baseado no libro sobre a artista de Sarria e pertencente á colección Mulleres Galegas centrará a penúltima actividade, narrando oralmente a historia, obra e vida da autora, tamén faráse un obradoiro de debuxo no que se realizará unha caricatura da poeta nacida en Sarria. 

Pechará o programa de actividades o Roteiro “Contando Viana en Feminino” este será polas rúas do Cabo da Vila de Viana do Bolo no que narraráse a importante contribución que as mulleres fixeron a historia da nosa vila e comarca.

Viana celebra o Día das Letras Galegas cun extenso programa