viernes. 30.05.2025

Tania Yáñez, actriz de Viana: «Sabía que ao quedar aquí tería que esforzarme»

A súa paixón polo teatro non deixa de medrar e un dos seus grandes obxectivos sempre foi poñer a súa vila natal no mapa cultural
somoscomarca_241122_vianadobolo_taniayañez_actriz702
Tania Yáñez, actriz de Viana

Desde que tiña 6 anos, Tania Yáñez, actriz de Viana do Bolo, soubo que o teatro ía ser o camiño da súa vida. «É algo que me apaixona. Decidín estudar Arte Dramática porque para min é vocación», asegura. A súa paixón naceu nos primeiros escenarios do colexio e instituto, e consolidouse cando, ao rematar o bacharelato, ingresou na Escola Superior de Arte Dramático de Vigo.

Un dos grandes obxectivos de Tania sempre foi poñer a súa vila natal no mapa cultural: «Quería introducir o interese polo teatro en Viana e facer actividades que achegaran esta arte á xente». Pouco a pouco, e grazas ao seu traballo coa Asociación Sofá Malva da Casa Rosa, está a conseguir este propósito. Xunto co colectivo, xa levaron a escena dúas obras de teatro, enchendo cada vez o aforo e espertando o entusiasmo entre os veciños.

Loitar polo teatro no rural

Non obstante, Tania recoñece que o camiño non é doado: «No rural é complicado facerte un oco. Tes que loitar moito, e eu xa sabía que ao quedar en Viana tería que esforzarme». Pero ese desafío non lle resta ilusión; todo o contrario. Cada nova función, cada clase impartida e cada espectador entusiasmado anímaa a seguir sementando cultura no seu entorno.

A actriz tamén reflexiona sobre a súa experiencia persoal ao comezar os estudos: «Cando cheguei á carreira, a xente preguntábame por que viña dun sitio tan pequeno. Eu era a primeira persoa que viña dunha vila como a miña. Comentarios así fannos ver que o rural tamén ten unha enorme riqueza que debemos compartir e desfrutar, como é o teatro».

Teatro como motor de calidade e cambio

Tania insiste na importancia de apostar pola calidade e de levar actividades culturais ao rural: «Sendo a única na vila con estudos neste campo, síntome na responsabilidade de mostrar que o teatro é unha arte accesible e de calidade». Ademais, poderíase «crear unha escola de teatro ou facer algo».

Para esta actriz de corazón e raíces profundas, o teatro é moito máis que un oficio: é unha forma de dar vida ao lugar que a viu medrar e de compartir co mundo a súa paixón inquebrantable pola cultura.

Arsénico por Compasión estrea o segundo pase en Viana

Esta comedia terá lugar o día 14 de decembro ás 19:00 na Casa da Cultura en Viana do Bolo, sendo así o segundo pase elaborado pola asociación Sofá Malva de la Sala Rosa.

Esta asociación nace ca intención de construir un grupo de teatro amador na vila de Viana do Bolo, creando así unha actividade na que público de tódalas idades (ou na súa maioría público adulto) poida disfrutar de propostas que se elaboran dende aí e facer desta unha actividade máis para o disfrute no tempo libre.

Si desexa escoitar a entrevista completa con Tania Yáñez pode facelo aquí:

Tania Yáñez, actriz de Viana: «Sabía que ao quedar aquí tería que esforzarme»