sábado. 31.05.2025

A IX Mascarada Ibérica celebrarase no mes de abril

Nestes momentos, segundo explica Jorge Minas, «estamos a repartir o traballo e imos reunirnos cada semana»

Mascarada Ibérica 2022, Vilariño de Conso. Follateiro (Lobios, Ourense) (8)
A IX Mascarada Ibérica xa ten as datas fixadas

A Mascarada Ibérica de Viana do Bolo e Vilariño de Conso xa ten a data fixada. Abril é o mes elixido para poder desfrutar de esta festividade internacional, será os días 26, 27 e 28. Nestes momentos, segundo explica Jorge Minas, «estamos a repartir o traballo e imos reunirnos cada semana». 

Agora toca tempo de comezar a convidar a grupos «que van participar, facer reservas hoteleiras e xestionar o que é o evento», explica Minas. Este ano intentarase que sexa máis internacional, de feito, «xa temos un grupo que xa tiñamos invitado do norte de Italia e temos algunha sorpresa máis». 

Por outra banda, tamén se intentará que os desfiles de Viana e de Vilariño sexan un pouco diferentes, é dicir, «que sempre se teña algo diferentes», asegura Minas. A idea que se ten dende a organización é que no día 26, «tanto nos colexios de Viana como en Vilariño, impulsar conferencias impartidas por algún grupo dos que participa e algún antropólogo». 

En Viana do Bolo, o venres, faranse «cantos de taberna con agrupacións das que nos visitarán o 27 e algún grupo local». O mercadillo tamén será algo importante en ambos os concellos, «con artesáns tanto da zona como dos que queiran vir da provincia ou de Galicia».

Dende as primeiras horas de mañá poderase desfrutar de música nas rúas. «Este ano vámolo intentar facer a pé de rúa con charangas e música tradicional. Non vamos traer un escenario, porque creemos que tapa a imaxe do desfile». 

A IX Mascarada Ibérica celebrarase no mes de abril