viernes. 06.06.2025

Jorge de Álvarez ilumina Viana cos seus deseños e peiteados

O modisto realizou o seu tradicional desfile, como cada dous anos, para conmemorar o seu décimo aniversario deixando en dúbida se volverá a facelo

Este 17 de agosto, un ano máis, Jorge de Álvarez conquistou O Toural en Viana do Bolo. A rúa do municipio encheuse de xente para celebrar o décimo aniversario do modisto no mundo da moda e do peitado. Aínda que ao principio esta non era a imaxe que se vía nos seus desfiles, tal e como el mesmo recoñecía nunha entrevista a este medio, «había pouca xente».

O desfile abríase ao ritmo de dous boteiros do municipio vianés e con Esther Estévez, presentadora na Televisión de Galicia, que recordaba que o modisto «sempre dixo que non ía deixar Viana e está a cumprir». Con motivo deste aniversario, o deseñador decidiu volver mostrar pezas de anos anteriores, algunhas non volveran ver a luz dende a súa confección. Por exemplo a colección coa que logrou o primeiro posto na Mostra do Encaixe de Camariñas no ano 2018.

somoscomarca_2408018_viana_jorgedealvarez_desfile320

A maiores, presentou o seu novo traballo que conta por primeira vez con pautas prateadas, «non é tan normal en min». A pesar de que foi «un pouco precipitado, xa que era para non facelo», puido confeccionar novas pezas. 

Durante as diferentes mostras de vestiario foi posible escoitar a voz de Victoria Pérez, cantante orixinaria de Verín. De feito, ela foi a encargada de abrir o desfile de roupa de noiva coa súa voz. 

En vistas a nova edición, que sería dentro de dous anos, Jorge aínda ten que meditar se o faría ou non, «estou moi cansado de tanto traballar», recoñecía entre risas. 

Os primeiros pasos no mundo da moda

Os seus primeiros pasos no mundo da moda comezaron por un hobby, «empecei con disfraces e acabei con deseños». Se estudar nada deu as súas primeiras puntadas como estilista. Jorge iniciábase no mundo dos salóns de peiteado. 

Como todos os deseñadores contan con elementos característicos nas súas coleccións, as cores é un deles. O negro «estiliza e é elegante», sumado a este atópase a inspiración da época barroca na que había «moito dourado, en cambio prateado pouco».

Jorge de Álvarez ilumina Viana cos seus deseños e peiteados