domingo. 22.06.2025

I Ruta Cicloturista de Viana do Bolo

Esta ruta ten como lema: "Debuxando sorrisos con bicicleta"
Iglesia de Santa María en Viana do Bolo
Viana do Bolo

Os alumnos do CEIP Bibei farán un percorrido en bicicleta mañá, día 19 de decembro, a partir da 10.30 h. 

O que farán é a I Ruta Cicloturisa "debuxando sorrisos en bicicleta".

Irán desde o cruce de Edroso, pasando polas residencias de maiores, centro de saúde e centro social. Tamén farán unha pequena visita polo casco antigo do municipio. 

Irán co reforzo de protección civil, policía local e voluntarios. Os participantes son os nenos e nenas de primeiro curso de educación primaria ata os de sexto curso. 

O que se pretende é promover unha vida saudable, pero tamén poder unir aos máis pequenos coas persoas máis maiores que se atopan nos centros residenciales. 

I Ruta Cicloturista de Viana do Bolo