
As entradas para a Festa da Androlla de Viana do Bolo xa están a venta un ano máis, nesta ocasión, cun prezo de 30 euros por persoa. Todas aquelas persoas interesadas na adquisición de entradas para o banquete do vindeiro 11 de febreiro poderán compralas mañá, 30 de xaneiro, no salón de plenos do Concello de 9:00 a 14:00. A partir do mércores día 31, habilitarase a opción de chamar o teléfono 616.87.88.96 para facer a reserva de 9:00 a 14:00.
¿Quedas connosco para saber como serán os próximos días en Viana do Bolo?
O xoves 1 de febreiro é a hora dos compadres. As 00:00 colgarase o lardeiro e as 20:00 fará a súa aparición estelar a fariñas, acompañada dos fulións e a actuación da Charanga Alegría.
Só dous días despois, as comparsas tomarán as rúas do concello. Ás 11:00 será a quenda da comparsa Santuario do "Padre Eterno". Pola tarde, ás 17:00 estarán na aldea de Caldesiños. Despois, ás 20:00, inaugurárase a exposición sobre os carteis participantes no concurso deste ano, na sala de exposicións do Concello.
O xoves 8 de febreiro é o día das Comadres, que tamén colocarán a lardeira as 00:00. Ás 12:00 os alumnos do CEIP Bibei e o Fulión IES Carlos Casares tomarán as rúas para facer o seu desfile. Pola tarde, a fariña non poderá faltar a partir das 20:00 acompañada de fulións e a Charanga Os Caliqueños e Tomalleoutra. A media noite DJ Tariro animará o entroido na Praza Maior.
O sábado 10, as comparsas seguirán sendo protagonistas. Ás 11 será na aldea de Rubiais e, pola tarde, en concreto ás 17:00, na aldea de Seoane de Arriba. Na tarde-noite, ás 20:00 a fariña e os fulións volverán saír ás rúas e as once da noite a Charanga Ardores porán o ritmo.
Chega o día do Domingo Gordo que dará inicio as 11:30 dende o Toural ata a Praza María Pita. Para comer estará a 52ª Edición da Festa da Androlla. ¿Crees que isto sería todo? Os fulións volverán saír as 19:00 e as 20:30 a Charanga Mekanica Rolling Band porá o broche de ouro a este "Domingo Gordo".
Aínda que se rematara o día máis emblemático, a semana segue con actividades. O luns 12 de febreiro estará dedicado para os máis pequenos. Ás 16:00 fará un desfile o Fulión Infantil e, unha hora máis tarde, poderán gozar de xogos e animacións na Praza Maior co DJ Tariro. Xa entrada a noite, ás 20:00 poderase escoitar o Fulión Trapalleiro.
O martes 13 ou tamén coñecido como "Martes de Entrudio", os fulións e boteiros volverán saír as rúas a partir das 12:00. A partir das 23:30 os fulións volverán a saír a Praza Maior para queimar os lardeiros —xusto a media noite—. Pasadas as 00:00 a música volverá ser protagonista con DJ Tariro e terá lugar un concurso de disfraces.
Para rematar, o día 14, o Día de Cinsa, farase o enterro da sardiña ás 18:00 e, unha hora despois, poderase gozar dunha sardiñada e torradas no Cabo da Vila.