sábado. 28.06.2025

Tres feridos nunha colisión en Viana do Bolo

O suceso ocorreu cando un vehículo colisionou contra outro que se encontraba estacionado. Dous dos tres feridos tiveron que ser trasladados ao Hospital Público de Valdeorras 
Tres feridos nunha colisión en Viana do Bolo

Ás 07:46 minutos da mañá deste domingo os servizos de emerxencia do CIAE-112 Galicia eran avisados dun accidente en Viana do Bolo. Neste caso tratouse dun turismo que chocou contra outro que se encontraba estacionado en pleno casco urbán, preto do cuartel da Garda Civil.

Un dos implicados foi o que chamou ao 112 para informar da situación e solicitar asistencia médica para os ocupantes do vehículo. De contado, os xestores do 112 solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES da Gudiña, da Garda Civil de Tráfico e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do concello ourensán de Viana do Bolo.

Finalmente dous dos tres afectados na colisión e que sufriron feridas tiveron que ser trasladados ao Hospital Público de Valdeorras para ser atendidos. Dende o 112 explican que o seu estado non reviste gravidade.

Tres feridos nunha colisión en Viana do Bolo