viernes. 07.10.2022

A casa da Cultura de Viana encheuse para ver «Pacientes impacientes» de Candea

María Jesús. « Sempre é moi ben acollido o teatro en Viana, estamos moi agradecidos ao público»
somoscomarca_viana_candea_unpacientemoiimpaciente_teatro_2022 (4)
somoscomarca_viana_candea_unpacientemoiimpaciente_teatro_2022 (4)

O Grupo de Teatro Candea de Viana representaba onte, 17 de agosto, na Casa da Cultura de Viana a obra «Pacientes impacientes» en colaboración co Concello e dentro das actividades culturais do verán.

Unha obra divertida ca que este grupo de afeccionados ao teatro quixo colaborar co Concello para facer desfrutar ao público cos enredos que xorden dentro dunha consulta médica

somoscomarca_viana_candea_unpacientemoiimpaciente_teatro_2022 (5)
Nun momento da representación

«É unha comedia que discorre nun consultorio médico con distintos personaxes moi vario pintos cos seus problemas», asegura María Jesús, unha das compoñentes do grupo teatral.

somoscomarca_viana_candea_unpacientemoiimpaciente_teatro_2022 (2)
Consultorio onde discorre a obra

«A Casa da Cultura estivo a tope, abarrotada de xente. Eramos unas 150 persoas aproximadamente», asegura. Tamén conta que homenaxearon á máis veterana: «Fixémoslle unha homenaxe a unha compañeira. A máis maior do grupo que se chama Toñita e obsequiamola cun  ramo de rosas».

somoscomarca_viana_candea_unpacientemoiimpaciente_teatro_2022 (3)
Toñita recibindo o seu ramo de roasa

Non será a única representación que fagan desta obra, xa que teñen varios compromisos adquiridos. O máis inmediato mañá na Veiga onde se poderá ver a actuación do Grupo Candea ás 20.30 horas, no centro multiusos do Toural.

somoscomarca_viana_candea_unpacientemoiimpaciente_teatro_2022 (1)
Outro dos pacientes, impacientes agardando a receita do doutor

Están moi agradecidos pola acollida en Viana e aseguran que é unha vila que apoia sempre as súas iniciativas. Así o expresaba: «Os componentes estamos moi contentos pola actuación. Unha grande afluencia de público.  Moi boa acollida. Sempre é moi ben acollido o teatro en Viana, estamos moi agradecidos ao público», recalcaba.

A casa da Cultura de Viana encheuse para ver «Pacientes impacientes» de Candea