miércoles. 17.08.2022

O Concello de Manzaneda aínda non organizará a feira ata o mes de xuño, mes no que espera que comecen ás obras do Plan Provincial

O Concello de Manzaneda regresa pouco a pouco a vida normal, ou a coñecida como a nova normalidade. Xa retomaron algunhas actividades, e ademáis comenzaráse a plantear o regreso dos 10 usuarios trasladados no seu momento ao Centro de Día da localidade por precaución ante posibles casos de COVID-19 que non chegaron.

Así o destacou o seu rexedor Amable Fernández. «Unha vez que comecen ás visitas aos residentes supoño que poderemos volver a vida normal».

Unha das actividades mensuais que adoitan facerse na localidade é a feira, pero esta tratará de recuperarse no vindeiro mes de xuño, xa que ás normas da Fase 1 aínda son moi restrictivas tanto as distancias como na forma de actuar dos hosteleiros. «Non podes ofrecer un pincho na mesa, o polbo non o podes comer no bar, teríalo que levar para casa, para manter ás distancias é complicado, non podes entrar salvo causa justificada. Entón imos esperar ao mes que ven a ver si se normalizou a situación» salientou Fernández.

A localidade non rexistrou positivos por Coronavirus en toda a pandemia, algo que o seu rexedor ve de forma positiva, aínda que con algo de sorte. «Adoptáronse todas ás medidas que nos recomendaron dende Sanidade en todas ás nosas posibilidades. Agora asústante que ao non ter casos vai a ser máis problemático se hai un repunte, a nova é que non hubo ningún caso, é algo positivo».

Os comercios e parte da hostelería regresaron a actividade, pero de forma máis controlada do esperado polo alcalde da localidade. «Eu pensei que ía haber moita máis xente para ir a tomar un café, socializar. Dentro das restriccións que hai está sendo unha desescalada tranquila, a xente continúa baixando ao imprescindible. Unha das partes polas que tivemos éxito foi que a xente estivo moi concienciada. O comportamento foi excelente quizás quitando os primeiros días. Aquí ao ser unha zona máis afectada foi un confinamento máis laxo».

De cara o futuro Manzaneda pode ser un foco turístico no verán, segundo o rexedor probablemente toda a xente que teña unha casa no pobo acuda a ela. Ademáis entre todos deben apoiar a España vaciada na que se inclúe a localidade, respetando todas as medidas de seguridade.

O vindeiro mes de xuño dende o consistorio esperan que comencen as obras incluídas no Plan Provincial do 2019, pero con cautela. «Canto menos xente doutras zonas, incluso de Ourense, mellor que non veñan ata que se estabilice todo esto. Era o plan do ano pasado, si estivemos esperando un ano e pico por un par de meses non pasa nada. Queremos que veña a xente pero non nos urge» destacou o rexedor.

Se queres escoitar todo o que dixo o alcalde de Manzaneda Amable Fernández, podes facelo na seguinte ligazón:

«A xente estivo moi concienciada, iso foi parte do éxito»