viernes. 29.03.2024

A A.C. “ A Caniceira” da Pobra de Trives organiza por 9ª ano consecutivo o Entroido de Verán e a súa Mostra de Patrimonio Inmaterial. O Entroido terá lugar os días 11, 12 e 13 de agosto nas rúas da vila.

As actividades previstas inclúen a VII Edición dos Cantos de taberna o venres, a partires das 8 da tarde, para comezar a festa.

O sábado á mañá, ás 11:00 h., abre o mercado de artesanía, que estará funcionando todo o día. Tamén pola mañá terá lugar o III Campionato de Billarda, ás 12h. na Finca da Barreira, e as 13:30h. a sesión vermú será a cargo da Banda de Gaitas Os Trintas de Trives.

Xa pola tarde, ás 18:30h. chega o turno na Praza Doutor Paz o concerto de instrumentos medievais de Paco Cossío.

Ese mesmo días arredor das 12 da noite tocarán “Os Iñigos” na Praza Doutor Paz ata ben entrada a madrugada.

O domingo ás 11:00 h. da mañá abrirá de novo o mercado de artesanía. Inda pola mañá, organizaranse actividades para nenos, a partires das 12:00 h. na Praza do Pilón a cargo da compañía “Máis que Brincos” con obradoiros de globoflexia, tatuaxe e pintacaras.

A sesión vermú nesta xornada corre da conta das Macizas Centrais, o grupo da asociación organizadora. Será arredor das 13:30h.

Pola tarde, o desfile de folións partirá ás 18:30 h. do campo da Barreira. Este mesmo día, ás 22:30 h. da noite actuará o grupo valdeorrés “Son do Sil” na Praza do Reloxo.

Dende a A.C. “A Caniceira” convidan a veciños e visitantes un ano máis a que se unan á festa e disfrutar desta fin de semana repleta de actividades.

Trives disfrázase no verán