viernes. 19.04.2024
portada_somoscomarca_sanxoanderio_calles_panoramicas_2022 (6)
San Xoán de Río volta quedar sen teléfono, internet e televisión

O alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez Blecua, está molesto coa compañía de telefonía que da servizo a San Xoan de Río xa que despois das case que 24 horas que estivo caído o servizo o pasado 19 de decembro nesta xornada volveuse a producir o mesmo incidente durante 4 horas. «San Xoán de Río volta quedar sen teléfono, internet e televisión outra vez por culpa de Movistar», informaba o rexedor.

«Tras o fallo de máis de 24 horas sen servizo o pasado 19 de decembro, no día de hoxe xa son máis de 4 horas sen servizo» subliñaba. Polo tanto, concello bloqueado, sen poder facer nin recibir chamadas, sen internet, teletraballadores sen poder realizar o seu traballo, persoas maiores que viven soas sen poder comunicarse cos seus familiares, xente sen poder ver a televisión e, un largo etc, polo que animamos a xente a reclamar ante esta compañía telefónica», apuntaba.

Estas deficiencias chocan de fronte co que San Xoán de Río pretende ser no futuro xa que «aspira a convertirse en capital rural europea» e nun «laboratorio de probas para mellora da calidade de vida da veciñanza e ser o espello para o resto de pequenos municipios rurais eurpopeos». 

San Xoán de Río volta quedar sen teléfono, internet e televisión