sábado. 20.04.2024
somoscomarca_sanxoanderio_calles_panoramicas_2022 (12)
San Xoán de Río pon en marcha o proxecto da Rede Internacional de Pobos para o Aprendizaxe

«Por fin pasamos da teoría a práctica e o proxecto da Rede Internacional de Pobos para o Aprendizaxe (LVIN-C) presentado por San Xoán de Río e outros concellos, universidades, ONGs e PeMEs de 5 países —España, Portugal, Italia, Grecia e Romanía— foi gañador dun concurso da Unión Europea e será levado a práctica», sinala José Miguel Pérez, alcalde de San Xoán de Río. «Animamos á xente que queira, a que participe neste proxecto »,  apunta o rexedor de Río.

En San Xoán de Río traballarase nos seguintes puntos do programa da Unión Europea: Cidadanía activa, igualdade de xénero, presupostos participativos, cidadanía dixital e educación ambiental; ferramentas e modelos sociais e tecnolóxicos innovadores; pensamento estratéxico, xestión de proxectos e planificación a longo prazo; conciencia social ambiental, decisión e acción comunitaria —especialmente en tempos de pandemias e emerxencias sanitarias— ; e  saúde, benestar e envellecemento activo para persoas maiores.

somoscomarca_sanxoanderio_proyecto_learning_ue_2023

«Nos vindeiros 24 meses, faremos proxectos centrados nestes temas, visitaremos os proxectos dos outros países e recibiremos a visita da xente que participa neste proxecto dos outros países para que lles mostremos os nosos proxectos. Polo tanto, quen queira traballar nestes temas, visitar proxectos doutros países ou colaborar no que poida que se apunte no concello», sinala.

Este é un dos proxectos no que o Concello de San Xoán de Río está inmerso e que o fai aspirante a converterse en capital rural europea-

Aldeas intelixentes y competitivas

Learning Villages International Network Working on European Citizenship —LVIN-C— é un proxecto dunha rede emerxente de Learning Villages que ten como obxectivo intercambiar boas prácticas en democracia participativa e mellora da cidadanía activa.

 LVIN-C enfócase en territorios menos favorecidos impactados polo despoboamento e a fraxilidade demográfica para reforzar a inclusión responsable, a cidadanía, a democracia participativa e o compromiso ambiental.

 Aínda que LVIN ten obxectivos máis amplos, LVIN-C ten como obxectivo promover a cidadanía europea activa, a participación comunitaria, a avaliación do impacto de xénero, a educación ambiental e os valores e principios da Nova Bauhaus Europea.

somoscomarca_sanxoanderio_iglesia_2022 (4)

San Xoán de Río pon en marcha o proxecto da Rede Internacional de Pobos para o Aprendizaxe