24 de junio de 2024, 19:26
Catro días de festa os que viviron en San Xoán de Río dende o pasado venres 21 de xuño. As festas do santo que dá o seu nome ao municipio: San Xoán. Hoxe luns 24 é o día grande, e o celebraron coa procesión e a posterior misa. Feligreses e devotos concentráronse na vila nun día de calor para render homenaxe ao Santo.
O pregón do veciño Luis Fernández deu comezo a estas celebracións o pasado venres, un home de 93 coñecido no pobo e tamén nas vilas de arredor. O punto de festa que congregou máis persoas —sobre todo, mozos— foi co show "Volcámolo camión" con Xurxo Carreño e Noelia Rey o pasado sábado.
Ortiga, co seu espectáculo "A Nosa Verbena" foi tamén un dos ingredientes deste día.