miércoles. 07.01.2026

San Xoán de Río fai do Amigo Invisible de Reis unha celebración da xuntanza entre veciños

A actividade impulsada polo Concello reuniu participantes de entre 9 e 74 anos nun exemplo de convivencia, ilusión e compromiso que fai pobo e pon en valor o rural

somoscomarca_sanxoanderio_agasallos_amigoinvisible (3)

San Xoán de Río volveu demostrar que no rural a ilusión non entende de idades. O Amigo Invisible de Reis, organizado polo Concello, pechouse cun balance moi positivo tras reunir a veciños e veciñas de entre 9 e 74 anos nunha iniciativa que se converteu nun auténtico éxito interxeracional.

Durante a xornada, a enerxía dos máis novos mesturouse coa experiencia dos maiores, nun encontro no que o importante non foi o agasallo, senón o xesto de compartir, participar e sentirse parte dun pobo vivo e unido. A actividade puxo de manifesto que, en San Xoán de Río, a convivencia segue sendo un dos piares fundamentais da vida diaria.

somoscomarca_sanxoanderio_agasallos_amigoinvisible (4)

Este tipo de propostas amosan que a idade non é unha barreira cando existe vontade de implicarse e que, lonxe das grandes cidades, o rural continúa a ofrecer espazos de encontro onde as persoas se coñecen, se coidan e celebran xuntas datas tan sinaladas como o Día de Reis.

Desde o Concello destacaron a alta participación veciñal e agradeceron a implicación de todos os asistentes, subliñando o valor destas accións para fortalecer os lazos sociais, facer pobo e poñer en valor un modelo de vida no que a proximidade e a colaboración seguen sendo esenciais. Un exemplo máis do compromiso municipal por dinamizar a vida social e cultural de San Xoán de Río e coidar dun rural que latexa con forza grazas á súa xente.

somoscomarca_sanxoanderio_agasallos_amigoinvisible (1)

San Xoán de Río fai do Amigo Invisible de Reis unha celebración da xuntanza entre veciños