sábado. 07.06.2025

Reunión das Agrupacións de Protección Civil da zona co Xefe Provincial na Pobra de Trives

Hoxe ás 12 da mañá, os representantes das Agrupacións de Protección Civil de San Xoan de Río, Chandrexa de Queixa, Manzaneda e A Pobra de Trives, xunto co Alcalde da Pobra de Trives, Domingo Diéguez e o Concelleiro Octavio Domínguez, reuníronse no Concello da Pobra de Trives co Xefe do Servizo Provincial de Emerxencias, Olivier Reboredo Campos.  Unha xornada na que se trataron diferentes temas e se valorou positivamente a importancia da colaboración entre as agrupacións en diferentes operativos, xa que é un xeito de estar reforzados.

Reunión das Agrupacións de Protección Civil da zona co Xefe Provincial na Pobra de Trives