Dende o Concello da Pobra de Trives e con motivo das festividades de Nadal, chega á aldea valdeorresa a obra de teatro "Proxecto Noé", da man de Sarabela Teatro. A data da representación é o día 28 de decembro, no Auditorio Julio Vázquez, en Trives.
"Proxecto Noé" trátase da última obra deste grupo teatral —estreada hai apenas un mes— destinada a un público infantil. A persoa encargada de dirixir a representación será Fina Calleja, e ademáis contará cun elenco inmellorable, formado por Fernando Dacosta, Sabela Gago e Elena Seijo.
A trama xira arredor das peripecias de tres pingüins que, antes de comezar o diluvio universal só dispoñen de dous billetes para a arca de Noé. Na obra reflexiónase sobre valores como a amizade, o coidado do planeta —que é coma unha arca xigante—, a convivencia en sociedade ou o pensamento crítico entre outros.
As entradas para desfrutar desta maravillosa obra estarán á venta na entrada do auditorio media hora antes de que comece a función, a un prezo de 3 euros. A obra comezará as 19:00 h, e recordamos que será no Auditorio Julio Vázquez.