jueves. 29.02.2024
somoscomarca_manzaneda_panoramicas_2022(9)
InecoRuralTIC da o pistoletazo de saída da súa segunda edición no concello de Manzaneda

O Subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, destaca a gran acollida que tivo a segunda convocatoria do programa INECO RuralTic do Goberno no concello de Manzaneda. Emilio González puxo en valor o compromiso do Goberno co reto demográfico e a dixitalización do rural e a elección dun municipio como o de Manzaneda para ser o primeiro dos 90 concellos que participan nesta segunda edición do programa no que se da o “pistoletazo de saída”.
 
O subdelegado do Goberno deu a benvida aos nómadas dixitais de Ineco que levan desplazados no concello de Manzaneda dende o pasado día 20 de novembro nunha das sesións do programa que tivo lugar esta mañá no salón de plenos da casa consistorial e na que tamén estivo presente o alcalde da localidade, Amable Fernández.
 
Emilio González fixo fincapé en que “para os municipios con menor poboación é unha magnífica oportunidade de acabar coa fenda dixital e propiciar a cohesión social”. Ademais, Emilio González subliñou que RuralTIC é un programa do que se poden beneficiae tamén as pequeñas e medianas empresas dos concellos “a través do asesoramento en novas tecnoloxías que lles proporcionan os axentes que se despracen ata o municipio”.
 
Este programa lles permite aos propios profesionais de Ineco compatibilizar o teletraballo en pequenos territorios de España. O municipio ourensán convértese así nun dos seis primeiros territorios onde Ineco RuralTIC dá o pistoletazo de saída á súa segunda edición, que desde novembro e ao longo dos próximos meses chegará de forma escalonada a 90 municipios españois. Así, espérase que outros seis municipios de Ourense, Amoeiro, Parada de Sil, Maceda, Bande, A Pobra de Trives e A Mezquita, tamén se sumen ao programa.

Os nómadas dixitais

Roberto Grano, enxeñeiro civil, e Daniel Chantada, técnico en robótica industrial, continuará coa súa actividade habitual en Ineco de maneira remota ao mesmo tempo que apoia a este municipio a través de diferentes obradoiros de dixitalización. 

No ámbito social, Manzaneda ten interese en mellorar as habilidades dixitais dos seus cidadáns a través das formacións que Ineco RuralTIC ofrece en materia de comunicación dixital, correo electrónico, mensaxería instantánea, banca e compra online, trámites administrativos, seguranza na internet, etc.

Na súa faceta de desenvolvemento económico, o programa Ineco RuralTIC permitirálles aos nómadas dixitais apoiar ás pemes locais con obradoiros sobre tecnoloxía para pequenos negocios, posicionamento dixital e tramitacións electrónicas, entre outros.

Ineco RuralTIC

O seu obxectivo é contribuir á dixitalización social e económica da sociedade que vive en entornos rurais, rompendo así as posibles barreiras que afastan estes núcleos das novas tecnoloxías. Desta maneira, poder garantir que a poboación poida manter a comunicación con familiares en zonas ailladas ou realizar xestións administrativas a través dun dispositivo móvil.

Esta iniciativa baséase en dous eixos fundamentais, por unha banda a dixitalización social e por outro a dixitalización económica.
 
No que respecta á dixitalización social, os e as axentes imparten formación e apoio no uso das novas tecnoloxías aos veciños e veciñas, con especial atención á poboación maior. O persoal do Ineco desenvolve diferentes obradoiros presenciais, como é o manexo do servizo online para a realización de trámites administrativos: xestións de citas médicas ou banca electrónica.
 
Ademais tamén imparten formación para coñecer aspectos sobre a seguridade en internet ou a pegada dixital e ofrecen atención personalizada en función das necesidades específicas dos participantes.
O segundo eixo, a dixitalización económica, presta apoio e asesoramento ao tecido empresarial rural, ao través do posicionamento dixital, con apoio á creación de servizos online que poden mellorar a actividade das Pemes, como pode ser a apertura dunha páxina web ou o uso de perfís en redes sociais para o posicionamento no mundo dixital.
 
Así mesmo, o concello é un dos beneficiados polo Programa UNICO-Banda Ancha dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, polo cal veranse beneficiados 100 núcleos de poboación e 1.055 unidades inmobiliarias cunha inversión de máis de 320.000 euros.
 

InecoRuralTIC da o pistoletazo de saída da súa segunda edición no concello de Manzaneda