Reunión da Xunta Local de Seguridade de Trives coa adhesión da policia local ao programa Viogen

Pimeira reunión da Xunta Local de Seguridade de Trives coa adhesión da policia local
Os datos sobre seguridade cidadá indican que o índice de criminalidade do municipio é un dos máis baixos da provincia de Ourense sendo un “municipio tranquilo”

 O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, e a alcaldese de Trives, Patricia Domínguez, asistiron esta mañá á constitución da Xunta Local de Seguridade do municipio coa incorporación da guardia civil e á posterior reunión da mesma. Con esta primeira convocatoria quedou establecido este órgano colexiado coa finalidade de facilitar a coordinación e cooperación eficaz entre as distintas administracións públicas en materia de seguridade no ámbito territorial do concello de Trives.

Entre as funcións da Xunta Local de Seguridade figuran as de analizar e valorar a situación de seguridade cidadá, así como elaborar o Plan Local de Seguridade e acordar os plan específicos de colaboración e coordinación a desenvolver no municipio con motivo da celebración de eventos ou situacións que aconsellen a adopción de dispositivos especiais.

Emilio González sinalou que os datos relativos á seguridade cidadá indican que o índice de criminalidade do concello é un dos máis baixos da provincia de Ourense. O subdelegado do Goberno destacou que no primeiro semestre de 2022 se observou un descenso do número de infraccións con respecto ao mesmo período do ano anterior.

Así mesmo, o subdelegado do Goberno salientou o traballo da Garda Civil e da Policía Local, aos que agradeceu os seus esforzos para asegurar o cumprimento das medidas sanitarias, ademais de garantir a seguridade cidadá.

Viogen

Durante esta primeira reunión, o Concello de Trives e a Subdelegación do Goberno en Ourense ratificaron a incorporación da Policía Local ao Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero (Sistema VioGén).

A Xunta Local de Seguridade aprobou a adhesión ao Protocolo FEMP para a protección de vítimas de violencia doméstica e de xénero e a adhesión ao Protocolo de Coordinación e Colaboración que posteriormente será asinado polo Concello co Ministerio do Interior para regular a presenza da Policía Local no sistema VioGén, facendo efectiva desta maneira a participación de Trives neste operativo.

Este sistema permite que a Policía Local dispoña de maior información sobre todos os casos activos de violencia machista existentes no municipio, asumindo o seguimento e control dalgúns destes casos.

No tocante ao concello de Trives, a Policía Local asumirá o control e seguimento dos casos considerados de nivel de risco baixo ou de risco non apreciado, mentres que a Garda Civil se encarga do seguimento do resto de casos. O número de casos activos asignados á Policía Local será, como máximo, de dous.

En canto aos datos aportados pola Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno en Ourense, indican que na actualidade neste concello hai activos no sistema VioGén dous casos, dos cales un presenta risco baixo e outro presentan risco non apreciado. Un dos casos é de especial vulnerabilidade e ambos teñen medidas xudiciais de aproximación e comunicación.