Na «Peza de Río» xa medran as plantas

Coa a plantación realizada na horta/laboratorio co control do enxeñeiro técnico agrícola Nicolás Fernández quedou inaugurada a «Peza de Río»

A Peza de Río é una horta/laboratorio dentro do voluntariado interxeracional que supervisa o inxenieiro técnico agrícola Nicolás Fernández e  que «vai servir para a plantación de distintas especies hortícolas que se utilizaron de xeito tradicional na horta galega dende sempre», como asegura o propio enxeñeiro no seguinte vídeo.

 

Ademais «vamos dedicar una pequena zona da parcela para cultivar hortícola que sirva de xeito experimental para probar algún cultivos como poden ser o cacahuete ou o boniato e ver como se adaptan á zona e logo que a xente con coñecemento de causa poda empregalos nas hortas familiares»

Comezando a facer o rego para plantar

Tamén se pretenden recuperar cultivos que foron importantes antano como as lentellas ou os garavanzos e ver «si se adaptan ben e que lle sirvan eles para empregar na súa propia horta».

Nicolás Fernández dando unha pequena clase teórica

Non se deixará de plantar leituga, patacas, pementos ou tomates, como se fixo toda a vida  e na que os máis entrados en anos tamén poden aportar os seus coñecementos e experiencia no cultivo.

Chegada á horta experimental