
O Concello da Pobra de Trives rendeu este sábado, 5 de agosto, homenaxe a Julio Ancochea —xefe de Pneumoloxía do Hospital Universitario A Princesa de Madrid e presidente de Asomega— e fíxoo nomeandoo Fillo Predilecto da vila.
Con este recoñecemento pretendíase eloxiar a traxectoria persoal e profesional dunha persoa que, tal e como detallou a alcaldesa, Patricia Domínguez, «axudou» a todos os veciños de «o noso pobo».

O acto institucional asistiu o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices Vieira; o deputado de representación institucional, Rosendo Fernández; e a alcaldesa de Trives, Patricia Domínguez.

No acto, celebrado no auditorio Julio Vázquez léronse os discursos institucionais e entregóuselle a Julio Ancochea un pergamiño enmarcado, no que se acredita que é Fillo Predilecto, así como unha medalla de Trives, co escudo da vila.

Ademais, obsequióuselle con dúas figuras de cerámica —unha do Cristo Nazareno, patrón de Trives e outra da Virxe da Dolorosa, —, que foron realizadas por unha artesá da zona. Xosé Luna, pola súa banda, recitou un poema dedicado ao homenaxeado. Tampouco faltou a música —de gaita e piano— para ambientar.

O acto concluíu cun viño galego que se celebrou no colexio Santa Leonor, un centro educativo moi vinculado á súa familia, porque fori ela quen doou o edificio á comunidade.
Finalmente, tivo lugar a comida privada organizada pola Asociación de Médicos Galegos —Asomega—. Familiares, amigos e compañeiros de profesión quixeron acompañar ao homenaxeado neste día tan importante.