
Máis de 650 compañeiros de 10 localidades da provincia celebraron o aniversario dos Labregos
A veciñanza de Trives agardaba con moita expectación, nas rúas da vila, o desfile que Os Labregos prepararan co motivo da celebración do seu cumpreanos.
Os folións saíron da Finca da Barreira, para coller pola rúa San Martín cara a praza do Pilón. Desde a céntrica praza adentáronse polas rúas vellas da Vila para rematar na praza do Reloxo.
A sorpresa veu
cando Os Labregos co motivo do seu décimo quinto aniversario agasallaron ó
resto dos folións cunha foto nun marco como recordo dos seus 15 anos facendo
soar os seus bombos e aparellos.
Ao remate da
troula, desde a praza do Reloxo todos os membros dos folións xuntáronse no
pavillón para dar boa conta da paparotada que os agardaba.
Participaron nesta xuntanza 13 folións de case que, todos os puntos da provincia. De Trives estiveron: Os Labregos —organizadores do desfile de folións e boteiros—, Lardeira, Caniceira e As Maceiras. Ademais, tamén se achegaron Arrieros de Petín, Os Viticultores de Vilamartín e a Asociación Xuntos polo Folión de Vilariño. Os folións de Queixa, Manzaneda, A Veiga, Buxán, Fradelo e Carracedo, completaron os 13 folións participantes no desfile do 15 aniversario.
Fotos cedidas