miércoles. 04.06.2025

A mellora do campo de fútbol da Pobra de Trives é unha realidade

A Deputación de Ourense investirá preto de 2,5 millóns de euros para cofinanciar proxectos de mellora en seis campos de fútbol da provincia

 

somoscomarca_240724_patriciadominguez_luismenor
somoscomarca_240724_patriciadominguez_luismenor

A sinatura do convenio no Pazo Provincial permitirá a mellora do campo de fútbol da Pobra de Trives por un importe de 500.000 euros. Desta totalidade a Xunta de Galicia e a Deputación achegan 450.000 euros, mentres que a contribución do Concello de Trives será de 50.000 euros. 

Dende o equipo de goberno «reformulamos un proxecto antigo», segundo explica a alcaldesa, Patricia Domínguez, xa que estaba con prezos e medidas «desfasadas». 

Por esta razón tomouse a decisión de requirir un novo proxecto que «sufragou o Concello». Con esta nova versión «pedimos reunións e remitimos escritos solicitando as necesidades de esta reparación». 

Transcorridos «catro anos e moitas xuntanzas e plenos na Deputación, esta mellora é unha realidade», matiza Domínguez. A alcaldesa aproveita o momento para dar as grazas ao «grupo socialista da Deputación e todos os que votaron a favor». A maiores, fai especial fincapé en que dende o equipo de goberno «agradecemos moito esta colaboración, creemos que esta é a maneira de traballar», conclúe. 

Pode escoitar a entrevista completa coa alcaldesa na seguinte ligazón: 

A mellora do campo de fútbol da Pobra de Trives é unha realidade