Máis de 200 persoas no magosto popular de San Xoán de Río

Máis de 200 persoas no magosto popular de San Xoán de Río
Ademais de castañas asadas e chourizos un «Concurso de postres» puxo a unha nota moi doce á sobremesa

Máis de duascentas persoas achegáronse onte a noite ao polideportivo de San Xoán de Río, onde tiña lugar a celebración do magosto popular.

Aspecto do pavillón durante a celebración

Bocadillos de chourizo asados alí mesmo, bullotes, bica, viño e auga e despois do concurso de «postres» os doces participantes repartíronse entre os asistentes.

Asando os chourizos nas brasas

Este concurso lévase facendo tres anos e aínda que comezou con moita participación —o primeiro ano presentáronse 30 ao concurso, segundo o alcalde José Miguel Pérez— este ano de «categoría e moi ben feitos», tal e como dixo o rexedor. «Un concurso de postres de gran nivel, onde foron premiados, Marta, Martín e Mateo».

Martín e Mateo cos agasallos do concurso

Os doces das avóas der Martín e Mateo puxéronlle o nome dos seus netos as tartas participantes e foron eles quen recolleron o agasallo polo primeiro e tercer premio.

Marta conseguiu o segundo premio do concurso

O xurado estivo formado por Alberto de Murga, Óscar Álvarez e José Álvarez Pérez  que tamén valorou os doces de «moita calidade».

Alberto de Murga, Óscar Álvarez e José Álvarez Pérez, xurado do «concurso de postres»

Non faltaron á cita ás dúas familias ucraínas que chegaron as Terras de Trives en marzo e que desfrutaron da festa típica de novembro.

Familias ucraínas desfrutando do magosto

A colaboración da veciñanza é indispensable na celebracón destas festas tradicionáis, nas que todos os que poden botan unha man.

Preparando o lume para asar as castañas no bombo
Metendo os chourizos asado no pan para facer os bocadillos