
O Entroido non é soamente un momento ou unha celebración, é algo que se leva nas veas, que corre polo sanure de todas esas persoas que ano tras ano prepáranse e esfórzanse en dar o mellor de si mesmos nesas noites de ensaios máis pequenos ou nos días máis multitudinarios. Da igual se hai moita ou pouca xente, o importante é gozar, bailar e tocar o bombo ou a aixada.

Esta paixón é a que leva vivindo José Luis, natural de Rozavales —Manzaneda—, dende que é moi pequeno. El non comezou por tradición familiar, fixo por veciños e amigos. «Os meus pais si que nunca os vin moito no tema do fulión, ían velo, pero que eu recorde nunca os vin tocar», rememora.

Durante uns anos tivo que deixar a súa paixón, a mili púxose no seu camiño. No concello tamén se fixera un alto cos fulións, pero «polos anos 90 volveuse a arrancar e ata hoxe», asegura José Luis. As saídas que se facían eran só na parroquia, «antes era todo o lombo ou tocando», di.
Tampouco había esta tradición de ir a uns sitios e a outros, tocábase moito na zona de cada un, «non había tres coches en cada casa como pasa agora», explica.

As mulleres no entroido
O papel da muller nos fulións era máis ben difuso. «Si que estaban na fariñada, pero non tocaban», recorda José Luis. Iso si, el tivo unha pioneira na súa casa, «a miña filla foi a primeira en bailar, cada vez ía habendo menos Mázcaras, a ela gustáballe entón empezou ela tamén», comenta.
Pero, as mulleres, «da miña idade, cando eramos novos non había mulleres, agora si que se ven, pero sempre máis novas que eu», di. José Luis cree que era moito por «o machismo de sempre ou elas tampouco se querían dar tanto a ver»..

¿Queres saber de moito máis?
Aquí tes o vídeo completo da entrevista a José Luis.