miércoles. 30.07.2025

"Fauna esencial", la exposición fotográfica que acoge A Pobra de Trives

A mostra é parte do proxecto «Corrente cultural» que propicia a colaboración entre ABANCA, Afundación e o Concello 
P_somoscomarca_240723_apobradetrives_patriciadominguez

A Sala de Exposicións do edificio Santa Leonor da Pobra de Trives acolle a exposición de fotografías de gran formato «Fauna esencial», un percorrido pola beleza e a fraxilidade das especies máis representativas da nosa contorna natural, unha iniciativa posible grazas á colaboración entre o Concello de Cuntis, ABANCA e Afundación.

A mostra xa está aberta ao público na Sala de Exposicións do edificio Santa Leonor, onde se poderá visitar ata o día 29 de agosto, de luns a venres en horario de 10:00 a 13:30 h e os sábados e festivos en horario de 11:00 a 14:00 h.

Esta exposición é parte do proxecto «Corrente cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás vilas galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade.

Tamén se enmarca no programa social «Cultura por alimentos», organizado en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, que anima o público visitante a realizar a súa visita achegando alimentos non perecedoiros, que serán destinados ao banco de alimentos local.

"Fauna esencial", la exposición fotográfica que acoge A Pobra de Trives