viernes. 19.04.2024
O Concello de Trives comenza a execución da instalación de luminarias led

O Concello de Trives continúa a por en marcha actuacións destinadas a melloras na eficiencia enerxética do municipio, que van producir un importante aforro nos gastos en enerxía do Concello. Para esta finalidade, o Goberno municipal  acadou unha importante subvención do “Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía” (IDAE) do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o  Reto Demográfico dando resposta aos proxectos que presentamos para ese fin.
 
A principal acción desta operación consiste na renovación total do alumeado público exterior por luminarias LED, tanto da vila como das parroquias, que suporá unha mellora da seguridade veciñal grazas á súa maior visibilidade, así como un grande aforro enerxético que contribúe á redución de CO2.
 
Unha importante transformación e modernización no municipio que xa iniciamos en distintas parroquias e que se levará a cabo nos vindeiros meses. 

Este tipo de axudas desenvólvese en favor do cumprimento dos obxectivos que figuran na Axenda 2030, no que a sustentabilidade e xestión intelixente de recursos se refire, de cara a acadar unha transición verde que garanta o respecto ao medio ambiente.

Dende o Concello apostan por seguir impulsando medidas que, ademais de garantir o respecto polo medio ambiente, tamén axuden a reducir os custes derivados do consumo eléctrico, ata o de agora excesivamente costosos e que comprometían en gran medida o presuposto municipal, polo que este aforo repercutirá tamén nunha maior posibilidade de destinar ese aforro a outro tipo de inversións tamén moi necesarias. 

O Concello de Trives comenza a execución da instalación de luminarias led