
A Pobra de Trives recupera o seu escudo orixinal estreando sinalizacións
A Pobra de Trives é Municipio Turístico Galego dende o ano 1999 e dende o día de hoxe, recuperan o seu escudo orixinal do Concello que o indentifica como pobo reflectíndoo en sinais específicas.
Dende o ano 1999, A Pobra de Trives é un dos dez concellos da provincia de Ourense que conta coa declaración de Municipio Turístico Galego. A alcaldesa de Trives, Patricia Domínguez asegurou sentirse encantada “ao recuperar a sinalización que reflicte que o noso concello é un ben preciado para visitar”.
“É un orgullo para todos os vecinos de A Pobra de Trives estar dentro do grupo de concellos ourensáns e galegos que contan con esta distinción e debemos potenciala e comunicalo ao noso visitante”, asegurou.
Para estar dentro deste grupo, os concellos teñen que ter cada ano una cantidade de visitantes superior ao 25% do total de veciños.
Un parámetro que cumpre de sobra concello de A Pobra de Trives, según afirman que cada ano aumenta turistas que se achegan a coñecer a localidade.