
A sanidade no rural é un dos asuntos que máis preocupa ao equipo de goberno de Manzaneda. Cinco meses despois, o alcalde do municipio, Amable Fernández, valora positivamente a firma do convenio coa Xunta de Galicia. Un total de 304.865,85 euros son os que investirá a entidade galega na reforma da residencia de terceira idade.
Fai hai dous anos cando o concello de Manzaneda presentou esta solicitude de reforma que se realizará con cargo ao Plan de investimentos para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais públicos municipais, dos fondos europeos Next Generation UE.
Unha vez firmado este compromiso obtiveron luz verde para a contratación do técnico que vai realizar o proxecto, o cal «xa está traballando». A maiores, dende a administración están avanzando cos pregos «para poder sacar a licitación da obra». Fernández espera comunicar esta oferta no mes de outubro e «a ver que empresas se presentan para facela».
Valoración das novas incorporacións no centro de saúde
«A verdade e que superaron todas as expectativas», así se refire o alcalde tanto a médica como «as dúas practicantes» que estiveron dende abril. «A xente maior, que é o que máis temos aquí» están «encantados».
Nestes momentos existen boas sensacións no centro de saúde. Aínda que séguense observando problemáticas no servizo. Isto dáse porque ao final deste mes «vénceselle o contrato a nova practicante e seguramente» se realice un cambio porque «hai que tirar de listas».
Con esta nova marcha o único desexo de Fernández é que chegue unha especialista á que «lle guste o rural». De feito, dende o equipo de goberno solicitaron a sanidade que «a persoa que veña estea até que salga a praza».
O alcalde considera inconcibible ter esta situación no centro médico «cada tres ou catro semanas». De novo, o primeiro edil compara os servizos que existen nas aldeas e nas cidades, «sabemos que algúns non os vamos ter, pero os básicos si».
Por este motivo, pide «aos que nos dirixen» que propoñan solucións e «espreman o cerebro» para reforzar estas prestacións. «Debemos conseguir que todos teñamos os nosos médicos», desexa.
Si quere escoitar a entrevista completa con Amable Fernández pode facelo aquí: