miércoles. 04.06.2025

A bica de Trives, protagonista durante toda a fin de semana

Este próximo 27 e 28 de xullo dáse inicio a unha das tradicións máis arraigadas na zona, celébrase a quincuaxésima primeira edición da festa deste doce
somoscomarca_trives_festadabica_2023 (7)

A Festa da Bica de Trives regresa un ano máis, e con este xa van 51, para seguir celebrando un doce tan típico da zona. De feito, no ano 2002 o Consello da Xunta aprobou a declaración de festa de interese turístico de Galicia para esta celebración. 

A programación comezará o sábado 27 de xullo cun xantar popular que ten unha capacidade máxima de 500 persoas. O lugar elixido é o CEIP M. Bermúdez Couso. O menú incluirá empanada de cachena, becerro ao espeto e, como non, bica. 

Xa o 28 de xullo realizarase unha andaina de subida a Manzaneda, que arrincará ás 8:30 horas dende a Praza do Concello. O percorrido terá unha distancia aproximada de 15 quilómetros e un desnivel de 867 metros. «Vai acompañada pola tradicional subida a cabalo», explica Patricia Domínguez, alcaldesa do municipio. 

Esta tradición sempre coincide o último fin de semana de xullo. Todo comezou por esa xente que tivo que irse a outras cidades a traballar, «reuníanse nesa data na Estación de Montaña para celebrar o reencontro e a chegada do verán». 

Pode escoitar a entrevista completa na seguinte ligazón:

A bica de Trives, protagonista durante toda a fin de semana