jueves. 18.04.2024

Desde a Federación de Asociacións de Mulleres Anaral en colaboración cos centros educativos da zona e co apoio da Fundación Carlos Casares, realizouse un photocall de Carlos Casares formado por murais que cada centro e a Federación elaboraron. Estes murais xuntáronse para crear un photocall que realiza unha ruta por cada centro e asociación ata o día 15 de maio. Ese día celebrarase o acto central do Día das Letras Galegas na Pobra de Trives ás 11:30 da mañá que culminará cunha ofrenda no monólito de Carlos Casares nesta vila. Tamén se fará entrega dos premios ás gañadoras do I Certame de relatos curtos en galego no que participaron 15 persoas.

Anaral homenaxea a Carlos Casares