A Mostra do Mel de Quiroga acada este ano a súa trixésimo terceira edición. Súmanse dous apicultores máis que na pasada edición, así son oito os que amosan os seus produtos no evento organizado polo Concello de Quiroga.
O alcalde, José Luís Rivera, manifestaba o seu contento xa que «son practicamente a totalidade de apicultores os que ofrecerán o mel aos visitantes». Neste senso explicou que a mostra é «unha oportunidade para dar a coñecer os produtos e promocionalos». Ademais sinalou o sacrificio que fan os apicultores traendo aos expositores o mel xa que «foi un ano en que a produción non foi tan importante coma en anos anteriores».
A Mostra do Mel coincide coa «feira grande» e a «Festa do Verán», por iso está animada por grupos de gaitas e charangas.