jueves. 30.11.2023

Quiroga dice adeus as súas Festas de Verán con fogos de artificio e o concerto dos Gin Toni´s. Catro días que comezaron do xeito máis doce que pode comezar un evento, cunha feira de mel. Se o primeiro día comezaba ben aínda rematou mellor, nin máis nin menos que coa Panorama . Polo medio non faltou a música tradicional dos Do Recanto .

Os Broders, Los Platinos, Lys Pardo, Os Melidaos, Dous en punto ou Gin Toni´s puxeron o son e o ritmo en Quiroga, lugar que recibe nestas datas a centos de quirogueses que volven nestas datas a terra dos seus antepasados, homes e mulleres que viven noutros lugares e que soñan coa súa terra.

É por elo que en Quiroga nunca falta a música tradicional, sendo onte o día que esta tivo maior protagonismo  coa actuación do grupo de música e danza tradicional "Volta do Agro" na Rúa Real pola mañá e xa pola tarde o concerto de música tradicional "Os Melidaos", tamén na rúa principal da vila.

Cos fogos artificiais na Praza de España e o concerto dos Gin Toni´s na Rúa Real despídense este ano unhas festas que coma sempre son as de todos os quirogueses.

Quiroga rematou as súas Festas de Verán na que a música tradicional foi protagonista