
O proceso para obter a Denominación de Orixe Protexida do Aceite de Quiroga comezou no 2019
O Concello de Quiroga e a Agrupación de productores y envasadores de Aceite de Quiroga continúan dando pasos para conseguir unha Denominación de Orixe Protexida Aceite de Quiroga. Todo comezou no ano 2019 cando a agrupación presentou unha solicitude para a tramitación dunha denominación de orixe protexida co nome Aceite de Quiroga.
Despois de recibida esta solicitude a Xunta de Galicia encargou unha serie de estudos para avalar a solicitude entre as que destacan a caracterización sensorial dos aceites galegos identificando parámetros e detectando diferencias con outros aceites. Ou un estudo histórico sobre o aceite de Galicia que presta atención especial á zona de Quiroga por ser a de máis tradición oliveira de Galicia.
Tras os mesmos, os productores deste produto solicitaron un informe á Subdireción General de Calidad Diferenciada y Agricultura Ecológica do Ministerio de Agricultura coa finalidade de que os seus técnicos avaliaran a documentación presentada.
Finalmente dende o consistorio contactaron co profesor do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, José García Queijeiro, para redactar o documento único e o prego de condicións, pola súa ampla experiencia na tramitación de DOP e IXP. Esta documentación, para completar o expediente de xeito definitivo, entregouse na Axencia Galega de Calidade Alimentaria, o pasado martes 23 de marzo.