sábado 4/12/21

Esta nova edición da mostra coincide cunha das feiras de mercado máis multitudinarias do ano

Esta mañá celebrouse a XXX Mostra do Mel de Quiroga. Todo ca fin de dar a coñecer a calidade do mel que se produce no municipio. E unha vez máis esta data fixada no calendario ven a coincidir coa feira de mercado, unha das máis multitudinarias de todo o ano debido a gran afluencia de visitantes ao concello.

Foron tres os apicultores que este ano presentaron o mel desta zona, deixando claro porque este produto comparte en Quiroga un lugar destacado, xunto co viño e o aceite.

O recinto feiral abriuse a todo o público dende primeiras horas da mañá onde se podían mercar, ademais do mel, outros produtos apícolas como xelea real, pole ou própole. Foron varios os postos que se instalaron ao longo da rúa Real, nas inmediacións da casa consistorial.

Na edición deste ano quixeron destacar a pouca cantidade que non impediu que o mel desta colleita fose dunha excelente calidade.

A Asociación Galega de Apicultura ademais da exposición de Apiturismo, que aínda se pode visitar ata este venres 13 de agosto, trouxo a Quiroga outra actividade, trátase dunha degustación de meles “Meles Cinco Estrelas de Galicia” na que puideron participar toda as persoas que quixeron.

Neste evento tampouco faltou a música, sería a charanga Europa a encargada de amenizar o recinto feiral.

Foto: Concello de Quiroga.

Quiroga celebra unha nova edición da súa Mostra do Mel