viernes. 29.03.2024

O alcalde de Quiroga Julio Álvarez subliña que os parques infantís estarán vixiados por persoal de seguridade

Tras moito tempo pechados o Concello de Quiroga decidiu abrir os parques infantís este 18 de decembro, ademáis con novedades respecto a última vez na que estiveron abertos.

O rexedor da vila Julio Álvarez, subliñou que estarán vixiados en todo momento por persoal de seguridade, que serán os encargados de axudar aos pais dos cativos a que se manteña o uso da máscara e a distancia de seguridade durante o tempo de xogo. Tamén abrirán o Pavillón Municipal, Casa da Cultura e o Centro Social.

«Decir que Quiroga dende o inicio da segunda onda da pandemia todos estes lugares están pechados. Nosos nenos e maiores levan tempo sen poder participar. Entendemos que os veciños de Quiroga fixemos unhas normas moi disciplinarias, pero agora abrimos con moita prudencia» destacou o alcalde.

Por elo todas o Nadal está pensado en eles, con actividades que se adapten sobre todo a estas dúas franxas de idade, xa que Álvarez considera que son os colectivos que máis sufriron ao longo do 2020.

Luces de Nadal

Esta noite faráse o acendido do alumeado e comezará oficialmente a Nadal na vila, un alumeado que pretende iluminar máis ca nunca unhas festas que este ano deberán de celebrarse marcadas por un protocolo anti-Covid. O alumeado das rúas en Nadal compleméntase coa decoración de fachadas e establecementos dentro dun concurso organizado dende o consistorio.

Foto do Facebook de Concello de Quiroga

Quiroga "abre" polo Nadal