
O rexedor da localidade destacou a ampliación do Museo Xeolóxico de Quiroga, que triplicará a súa capacidade máxima
O Concello de Quiroga vai retomando pouco a pouco a actividade para poñer todas as infraestructuras a disposición dos cidadáns, entre as novidades están a presentación aos quirogueses da obra que completará o 100% do Museo Xeolóxico.
Así o afirmou o alcalde da localidade Julio Álvarez: «Imos amplialo en 2/3 partes máis da súa capacidade actual. Será unha posta en valor da actividade patrimonial xeolóxica e etnográfica que van a dar moito que falar nunha comunidade coma a nosa na que non había moitos interlocutores nin un escaparate físico e tanxible como vai a ter Quiroga, sendo o único destas características do noroeste da península. É unha boa nova, xa non pola ampliación do inmoble se non polo contido, que vai a dar moito que falar no sentido positivo».
A localidade so tivo un positivo por COVID-19 durante toda a pandemia correspondente a unha persona censada pero que se contaxiou fora do municipio: «O positivo foi un traballador que deu en outro lugar pero a súa residencia estaba en Quiroga. Foi o único, pero aparte era asintomático. Despois na residencia todos diron negativo. Esperemos que se manteña esa anécdota cun so positivo asintomático que non era de Quiroga pero residía aquí. Tocamos madeira para seguir libres de Coronavirus».
O concello tivo que adiar, suspender ou cambiar de formato festas como a Feira do Viño, que será en 2021, ou a Mostra do Aceite que será de forma virtual: «A Feira do viño será no 2021 porque é moito máis que unha mostra, necesita xestión e espazo no calendario cultural e na axenda de Galicia. Hay algunhas como a mostra do Aceite que a imos facer de forma telemática a través da Radio Televisión Municipal de Quiroga e internet. Imos a ter a presenza de especialistas na materia, será primeiro congreso mundial do aceite de Quiroga a través das novas tecnoloxías» destacou o rexedor sobre un evento que será esta fin de semana.
Comercio
A vila lucense recupera o pulso da economía coa apertura dos comercios e negocios de hostelería: «Están funcionando ben, Quiroga foi moi respetuosa ca situación que se creou e que temos. Aquí neste val xa na época na que había o debate das máscaras creo que todo o mundo a empregou, por tanto non é unha novidade».
Se queres escoitar todo o que dixo Julio Álvarez, alcalde de Quiroga, podes facelo na seguinte ligazón: