jueves. 28.03.2024

Jose Luis Rivera, concelleiro de Cultura de Quiroga, destacou o comportamento da xente nos diferentes actos levados a cabo

O Concello de Quiroga viviu unhas Festas de Verán atípicas, en primeiro lugar polo formato, pensado en actos onde non houbera aglomeracións de xente, e en segundo lugar por as medidas de seguridade adoptadas para evitar contaxios por Covid-19.

«A valoración e super positiva. Todo o mundo con mascarillas, distancias y así da gusto» afirmou o concelleiro de Cultura da localidade Jose Luís Rivera, agradecendo a todos os comerciantes, visitantes e veciños o comportamento exemplar durante a fin de semana, destacando que vale a pena organizar os actos, vendo ademáis como pese a ser concertos e actividades destinadas para pouca xente, viuse un incremento nas transaccións dos comercios locais, unido aos visitantes que regresan polo verán a vila.

De cara ao 2021 xa están comezando a organizar as diferentes actividades xa que algúns actos débense contratar con 1 ano de antelación.

Mostra do Mel

A XXIX Mostra do Mel de Quiroga levouse a cabo dentro dunhas medidas estritas, tendo instaladas todas as casetas pantallas protectoras para separar a clientes e comerciantes, destacando Rivera que algún apicultor chegou a vender o triplo de mel que hai 1 ano.

Se queres escoitar todo o que comentou Jose Luis Rivera, podes facelo na seguinte ligazón:

O Concello de Quiroga valora as Festas de Verán de forma positiva