viernes. 19.04.2024

Finalmente, a situación da covid en Galicia obligou a mudar o programa da Feira de Viño, mantendo a parte cultural

A Feira do Viño de Quiroga tivo que cambiar o seu formato debido a situación epidemiolóxica debido a pandemia da covid-19 na comunidade. Tras ser aconsellados polo Comité Clínico de Seguimento da Pandemia que asesora a Xunta de Galicia decidiron eliminar a parte do evento que congrega a máis persoas, o das casetas de venda de viño e o acto do pregón.

Dende o consistorio afirman que agardouse ata o último minuto para saber a situación sanitaria antes de tomar unha decisión. Todo tras manter xuntanzas coa Confraría do Viño, co comité organizador, coa Xunta de Seguridade Local e cos hostaleiros da vila.

Xunto ca parte máis multitudinaria da feira cancélase o concurso de camisetas.

Por outra banda manterán o programa cultural, xa que as medidas sanitarias si poden garantirse neste tipo de eventos. O concerto da banda de música Santádega, Pakolas co seu espectáculo de animación infantil "Ramona Órbita, a dona do tempo" e as actuacións dos Festicultores Troupe e da Charanga Louband serán finalmente as actuacións que se levarán a cabo.

A Feira do Viño de Quiroga só terá a parte cultural