Desde Vilar de Silva a Pardollán, coñecendo o entorno de Rubiá

Coñecendo o entorno de Rubiá, desde Vilar de Silva a Pardollán
Dentro das rutas que se levan organizando desde o Concello de Rubiá «Coñece o teu entorno» hoxe achegáronse ao sudeste do concello, preto da linde co Bierzo

O Concello de Rubiá leva organizando desde antes do verán unhas rutas denominadas «Coñece o teu entorno». Son para facer camiñando e pretenden que os participantes descubran os lugares históricos, de riqueza paisaxística ou simplemente desfruten do entorno natural que posúe o seu territorio.

O «Coñece o teu entorno» que se realizaba na mañá deste 6 de novembro levou aos camiñantes desde  Vilar de Silva ata Pardollán, visitando a  Ermida de Santo Estevo e as Minas de Pintura de Pardollán.

Coñecendo o entorno de Rubiá, desde Vilar de Silva a Pardollán 

«Tamén se parou nos miradores da zona e rematouse en Vilar de Silva no mirador de A Portela onde repuxeron forzas cun picnic que se repartiu a cada participante unha bolsiña cun bocata de xamón, un plátano, unha botella de auga e un biscoito de chocolate», sinalan desde a organización.

Tomando un tente en pé no Mirador da Portela en Vilar de Silva

Desde os miradoiros pódese contemplar o val do Sil que separa o León de galicia, co encoro de Peñarrubia aos pés, así como os montes do Bierzo e unha paisaxe de estrema beleza.

Ao fondo o encoro de Peñarrubia

Santo Estevo de Pardollán

A igrexa románica Santo Estevo de Pardollán está a uns 150 metros por riba desta aldea situada dentro do Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra. Está completamente abandoada desde a segunda metade do século XX . A ermita construíuse neste lugar máxico no século XII e pode que formase parte dun mosteiro, aínda que deste non quedan restos.

A Ermita de Santo Estevo sobre a aldea de Pardollán

De planta basilical dunha sóa nave con ábside cuadrangular, ten dúas entradas. A principal na que destacan os arcos de medio punto, a pedra vermella da zona e as dovelas. A que da ao sur conserva a figuras de bovinos.

Detrás da igrexa consérvanse os restos dun muíño que posúe unha gran balsa circular para almacenar a auga.

Nas Minas de pintura Pardollán 

Minas de pintura de Pardollán

Son depósitos limoníticos de gran continuidade e extensión. Van de Pardollán ata case desaparecer xunto ao lago de Carucedo. Explotáronse para a obtención de limonita (ocre) na súa variedade terrosa, para a fabricación de pinturas.

Mina de pintura en Pardollán (Rubiá) (2)

Este xacemento foi explotado industrialmente desde mediados do século pasado ata os anos setenta. Aínda se pode contemplar os restos do muíño que se usaba para desfacer o material e limpalo e a tolva onde cargaban os camións que transportaban este mineral ao depósito en Quereño para despois envialo por tren cara aos seus destinos, xeralmente fábricas de pintura. 

Mina de pintura en Pardollán (Rubiá)