Nesta ponte de decembro, AEVA organiza o II Concurso de Maridanza Gastromímate, unha ponte de sabores. Dentro deste evento gastronómico incluíuse unha andaina para coñecer a pegada romana na comarca, concretamente os vestixios da Vía Nova ou Vía XVIII do Imperio Romano na súa entrada a Valdeorras, na Serra da lastra, municipio de Rubiá.
O percorrido estivo guiado polo arqueólogo Santiago Ferrer, quen achegou ao público os datos máis relevantes do seu contexto histórico, con el o biólogo Miguel Conde.
A andaina rematou en Biobra, no Centro de Interpretación do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra, onde se puido participar nunha experiencia gastronómica que incluíu unha cata de viños de Rubiá —conducida pola enóloga valdeorresa Cecilia Fernández— e produtos locais relacionados coas pegada da romanización en Valdeorras.
Concurso Gastromímate
Entre o 5 e o 11 de decembro os establecementos de hostalaría da comarca de Valdeorras ofrecen unha maridaxe dun prato elaborado con produtos de outono e de proximidade cun viño da DO Valdeorras.
Os locais participantes ofrecerán a súa fusión de viños tintos ou brancos cunha proposta natural elaborada para a ocasión a modo de prato, ración ou brunch, doce ou salgado, con produtos de tempada e proximidade como setas, cabaza, castañas, noces ou mel.
Estes son os locais que participan do concurso e nos que poderás atopar unha tarxeta co mapa para ir percorrendo todos e votando as túas maridanzas favoritas.
- BAR SAN ROQUE
- AGARIMO TAPERÍA
- TABERNA O BURACO
- CAFÉ TEATRO BAJO 5
- ALPHA RAÍCES
- CERVECERÍA 13/14
- EL MURO DEL MALECÓN
- FERNANDO III