Este domingo 2 de marzo, Rubiá vibrou coa celebración do Entroido, onde un espectacular desfile de 18 comparsas cegou aos asistentes. Ás 17:00 h, a praza da Baicela converteuse no punto de partida dunha festa chea de vida, que culminou no Pavillón cunha merenda gratuíta a base debocadillos, doces, petiscos e bebidas para todos os participantes, quenes continuaron coa festa o resto da tarde animados coa actuación da charanga Union Phenosa.

As rúas da Vila enchéronse de cor e alegría, grazas aos impresionantes disfraces e coreografías que ofreceron as comparsas. Os asistentes, que se achegaron a gozar do evento, foron testemuñas dun espectáculo que incluíu coches de choque, pallasos con malabares, adorables minions, abellas invasivas, un club de natación, e ata lámpadas con luces brillantes e mesas camilla. A creatividade non tivo límites, con piratas, pelotas de petanca e divertidas "trapalladas", e pechando o desfile os sons dos bombos do Folión de Petín

Un momento moi especial do desfile foi a visita á Residencia da terceira idade, onde os residentes, tamén disfrazados, recibiron aos participantes con sorrisos e alegría. Sen dúbida, foi un xesto que iluminou o día de todos e encheu de felicidade o ambiente.